Si Come”n”t
Penso que cada quén tería que reclamar que no seu colectivo lle derán o posto ao que maior fracasos ten, i.e. que no Colexio de Médicos se poña a aquel ciruxán que máis pacentes perdera no quirofano, porque él sabe de primeira man o que non hai que facer, será o estandarte da profesión:
- mirade o que non hai que facer!!!
cando os compañeiros se crucen con él, lembraranse e pensarán: eu non quero ser presidente do Colexio!!! e farán ben o seu traballo, ao mellor algún ata pon unha foto del no quirofano e botalle unha mirada de reollo mentras fai a intervención.
Tampouco sei que problema hai en que Díaz Ferrán siga no seu posto, como él mesmo dí quen mellor ca él para exemplificar o que hai que facer: ERE, despido masivo, clientes insatisfeitos, …todo iso da moral e confianza cando están a reclamar xunto ao Gobernador do Banco de España e demáis gurús, que hai que facilitar o despido, perdón, flexibilizar o mercado laboral, etc.
¿Por qué non despedir entón a Díaz Ferrán directamente?, como exemplo desa nova política que queren, e despois como parado o poñemos como ministro de Traballo, porque seguindo coa súa lóxica quén mellor que un parado para coñecer a realidade laboral.
fonte: http://www.elmundo.es/mundodinero/2009/12/22/economia/1261467188.html





