R Rip?
Abril 21st, 2010Cando tentamos tomar a sociedade na que se vive con pequenos e intencionados intentos de mudala, cara o que un percibe coma mellor ou que poida axudar a un contorno mellorado, aínda que sexa practicando o consumismo, ve frustada a súa ilusión pola realidade devastadora, aínda que non derrotado.
Despois da nova da venda de “parte” da empresa R, galega ao 100% até fai pouco, e con negro futuro no breve prazo duns anos para estar baixo dirección galega.
Vese que é difícil a aposta polas iniciativas empresarias próximas, nas que algúns tivemos posto a nosa esperanza dende o principio dun xeito activo, por medio dun consumo responsable, dun xeito case que militante e de proselitismo a prol de potenciar unha compañía, que pretendía poñer un paso cara o século 21, que ademais ía acompañada de bo facer en moitos dos casos, que apostaba por unha comunicación en galego, que resistiu os embates de absorción doutras empresas de cable estatal, pero que ao final parece que vai ser presa de especulacións de apostadores “R”ápidos nas ganancias e que pouco saberán, nin lles importará, onde está radica a empresa e a importancia que teñan as comunicacións na Galiza. Alo menos se fose unha empresa galega 100%, a que se fixese falta tirarlle das orellas o poidamos facer dende a proximidade.
Aínda recordo, e tamén coñezo na actualidade no noso país, lugares non lonxanos de “capitais provinciais”, que carecen de cobertura de telefonía fixa, de telefonía móbil e mal se ve a televisión. Cando noutrora a todopoderosa TelefAFóNICA non miraba nin unha vez cara nós, cando tiñas que pagar ben pagado o tendido telefónico (e aínda o tes que facer) para unha empresa pública, que despois foi mal vendida ao sector privado, pois algúns esperabamos que eses tempos foran do pasado e a modiñó fósemos conseguindo unha maior cobertura, polo tanto que o avance tecnolóxico non suxeito estivera suxeito as contas feitas dende Madrid.
Pois ben, agora as contas parece que as van facer dende Amsterdam, polo menos agora aínda tiñamos a utópica ilusión de poder ir xunto a Gayoso a pedir explicacións ou pedir explicacións a Xunta e que presionara a R para que avanzase no cableado, agora vai ti saber a quen poñerán a atender o teléfono, ¿estarán aprendendo galego en Bombay, Sudamérica, África para a deslocalización do callcenter de R?.
Non é unha cuestión de proteccionismo nin autarquía nin esas cousas que tanto lle preocupan aos neoliberais, tratase dalgo tan simple como do tecido social e neste caso cun engadido de tipo estratéxico, da posibilidade de ter unha compañía que suministre un servizo en competencia, pero cunha “obriga” cara aos seus clientes, que a súa vez corresponden coa fidelidade. Como nós pasa en moitas outras cousas, Galiza non pode estar supeditada a simples criterios de rendabilidade numérica dende unha oficina quén sabe onde, senón dunha rendabilidade a longo prazo e de país, xa que repercute en todo él, aínda hoxe a mala xestión da telefonía fixa e móbil, do ferrocarril (aínda andamos a pedir sen ter saldada a débeda histórica), das políticas medio ambientais, agrarias, etc. que foron apostas nunha partida de poquer de gobernos alleos a realidade social e económica da nosa terra.
a valoración total da compañía estimada en 675 millóns de euros, un millón de galegos poderíamos ser os propietarios por 675 euros cada un.
artigos vencellados:
http://www.lavozdegalicia.com/portada/2010/04/14/01121271234930139540677.htm
http://www.farodevigo.es/economia/2010/04/13/caixanova-vende-participacion-124-r/428968.html









